Welcome!

Violators will be prosecuted. Enjoy!

viernes, 27 de octubre de 2017

Fourella

Ía ser un inverno frío ese que chegaba con vento do sur. Vento do mar. Vento da Terra, con cheiro a fume de carozo e a caldo da avoa. Un inverno de neve na rúa. De luvas nas mans, desas que non discriminan por dedos, que aquí collen todos xuntos. Luvas coas que só se pode contar ata catro.

Un inverno en branco e negro ese que viña, sí. Pero tamén un inverno de cor. Especialmente na punta dese pequeno nariz que agora ule ese ar da Terra. Ar dunha costa que quere volver ser verdescente. E o nariz nota que xa comezaron a medrar as primeiras árbores de volta. E sospeita. E fai ben. Porque así como sabe unha cousa, sabe a outra: todo vai volver suceder outra vez. Cousas do demo. Cousas da xente.

Pero por moito frío que pase no inverno escandinavo prefire que o lume quede no lar, ó outro lado do mar. Que o único que arda sexan eses carozos secos. Que as lapas lamban a pota, nada máis, e que a única forma de se queimar sexa por non querer esperar a que ese caldo que ferve enfríe un pouco.  

1 comentario:

  1. ENCANTAMEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar